Páginas

sábado, 17 de diciembre de 2011

EXPERIMENTANDO COAS SEMENTES

A partir do tema "As Plantas", de Coñecemento do Medio, decidímonos a iniciar un pequeno proxecto relacionado coas plantas. Trouxemos á aula diferentes sementes (fabas, lentellas, garabanzos...) e puxémolos a xerminar en algodón empapado en auga, dentro dunha botella recortada. Pouco a pouco, e grazas aos nosos coidados, foron crecendo. Posteriormente, transplantámolos á terra, para que seguiran crecendo. Nalgúns casos tivemos sorte, e foron adiante; pero noutros... morreron.

Especial mención merecen as fabas de Javier, que medraron excepcionalmente.

A continuación podedes ver algunhas fotografías.

O DÍA QUE AS PLANTAMOS









UNS DÍAS DESPOIS DE PLANTALAS







AS SEMENTES XA TRASNSPLANTADAS Á TERRA






miércoles, 23 de noviembre de 2011

FOMOS AO TEATRO

No día de hoxe, as nenas e nenos de Educación Primaria fomos ao teatro a Lugo, a ver unha adaptación da obra de teatro Robin Hood. Foi moi divertida, a pesares de ser en Inglés...

domingo, 20 de noviembre de 2011